ANPA Berbiriana

CEIP ZALAETA

BENVID@S A VOSA ANPA

A Asociación de Nais e Pais BERBIRIANA do CEIP ZALAETA de A Coruña nace coa idea de dinamizar o colexio, colaborando nas actividades educativas e extraescolares do centro, estimulando a participacion das nais e pais de alumnos na xestión do noso Centro asistindoos en todo o que se refire a educación dos seus fillos.

CAMIÑANDO CARA A IGUALDADE: UNHA PARADA NO CAMIÑO

No curso escolar 22/23 a nosa ANPA, en colaboración coa sociedade cooperativa XENERE S.C. e a comunidade escolar,  iniciou un proceso para promover a humanización e transformación do patio nun espazo educativo que acolla a diversidade, fomente a creatividade e o xogo así como a relación entre iguais e a cultura, sempre desde unha perspectiva feminista e de igualdade. 

As actividades realizadas foron as seguintes:

Actividade 1: elaboración de proposta educativa e cultural para dar continuidade ao proxecto de renovación do patio do ano anterior e integrado dentro do PDI do curso anterior máis o PDI actual

Actividade 2: Desenrolo de charlas e talleres, adaptados as idades das nenas e nenos, que fagan de fío condutor para dita remodelación.

Actividade 3: Realización de exposición de deseños coa temática do PCI e incluíndo a prevención de bulling con perspectiva de xénero.

Actividade 4: Pintado de banco e paredes internas do patio cos deseños elixidos.

Este proxecto foi subvencionado parcialmente pola Deputación da Coruña a través da  convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2023. 



Podes atoparnos en:

Local da asociación

Situación: xunto a entrada ao ximnasio do noso Colexio, no andar do patio por onde entrán os alumnos.



Buzón do local

Situación: xunto á porta do local.


@anpaberbiriana